Inaugurado en novembro de 2002, integra 53.100 metros cadrados construidos en tres plantas: dous niveis comerciais e un nivel de aparcadoiro.
A Superficie Bruta Alugable (SBA) do centro comercial é de aproximadamente 25.000 m2; 12.500 m2 por planta.
O Centro Comercial Odeón dispón de 1.120 prazas de aparcadoiro gratuito para os seus clientes. A maior parte delas, 540, atópanse na planta soto do edificio, e as 580 restantes son exteriores.
Odeón conta cunha oferta comercial completa coas mellores marcas nacionais e internacionais de moda, complementos, estética, telefonía, lecer, restauración… cumprindo todas as expectativas e necesidades para un público de todas as idades, e resultando un referente para todo o movemento comercial de Ferrolterra.
Localización e Accesos
43º29’23.60″N – 8º12’12.34″O
O Centro Comercial Odeón está localizado en Narón, un municipio de 39.000 habitantes situado ao fondo da ría de Ferrol.
Concretamente, no Polígono da Gándara, unha localización estratéxica derivada da súa proximidade aos núcleos urbanos, que aínda que non tan densamente poboados, se vitais para o desenvolvemente económicocomercial da rexión, como Ares, Mugardos, Fene, Neda, Valdoviño, Cedeira, Moeche, San Sadurniño, Somozas, Cabanas, Pontedeume, As Pontes, etc. Cos cales se concentra unha poboación de 200.000 habitantes.
Ademáis na súa contorna existen outras importantes instalacións comerciais tales como Mercadona, Eroski, Día, KFC, Burger King, concesionarios das principais marcas de coches, hotel de 4 estrelas, así como importantes polígonos industriais que garanten un movemento incesante de potenciais clientes.
Horarios e Festivos
ABRIMOS OS 365 DÍAS do ano
De luns a domingo, de xaneiro a decembro, abrimos todos os días do ano para que poidas realizar as túas compras e gozar do noso Centro Comercial.
De luns a sábado:
10:00 a 22:00
Domingos Apertura Extraordinaria:
12:00 a 22:00
Luns a domingo:
09:00 a 01:00
Luns a jueves:
Mañás: 09:00hs a 14:00hs
Tardes: 15:00hs a 18:00hs
Venres:
08:00hs a 15:00hs
EXTRAORDINARIAS E
FESTIVOS 2024
Aperturas
7 de xaneiro | 28 de marzo | 30 de xuño | 12 de octubre | 1 de decembro | 6 de decembro | 8 de decembro | 15 de decembro | 22 de decembro | 29 de decembro
Festividades Nacionais e Autonómicos
1 de xaneiro | 6 de xaneiro | 28 de marzo | 29 de marzo | 1 de maio | 17 de maio | 25 de xullo | 15 de agosto | 12 de octubre | 1 de novembro | 6 de decembro | 25 de decembro
Festivos de Narón
13 de febreiro (Martes de Entroido) | 24 de xuño (San Xoán)
entre planta baixa e alta.